mércores, 26 de decembro de 2018

FESTA DE NADAL

E para rematar o terceiro trimestre fixemos unha pequena festa para celebrar que os nen@s traballaron moito e que se merecen unhas boas vacacións.

venres, 21 de decembro de 2018

FELICITACIÓN DE NADAL

As mestras deséxanvos un feliz Nadal e Próspero 2019.
Pinchade nos seguintes enlaces para ver as felicitacións dos nen@s.


PAPA NOEL 3

xoves, 20 de decembro de 2018

FESTIVAL DE NADAL

Para celebrar o Nadal, os nen@s de E.I. de A Uceira cantaron unha serie de panxoliñas coas que disfrutaron un montón, especialmente por ser protagonistas por un día e contar coa visita das súas familias. Grazas a todos por asistir.



martes, 18 de decembro de 2018

POSTAL DE NADAL

Como todos os anos desde o Equipo de Dinamización da Lingua Galega propúxose a elaboración de postais de nadal para escoller por nivel aquelas que se envían ás familias para felicitarlles estas datas.
Este ano en 3 anos a gañadora foi a nosa, concretamente o debuxo de Yoel.
Parabéns!

venres, 14 de decembro de 2018

ANIVERSARIOS DECEMBRO

Este mes están de aniversario:

 En 3 anos: Lía e Tiago.


 En 4 anos: Mateo, Saúl e Jaime.


En 5 anos: Nicolás e Yanira.

xoves, 13 de decembro de 2018

OS INDIOS CHEGAN A TRES ANOS

Como remate dun pequeno proxecto sobre os indios, os nen@s da aula de 3 anos caracterizáronse un chisquiño coma eles: colar de indio, penacho e pintura na cara.
Logo bailaron ao son da danza india.
Que ben o pasaron!!


Por fin a tribo está completa!




xoves, 6 de decembro de 2018

6 DE DECEMBRO, DÍA DA CONSTITUCIÓN

Os rapaces de E.Infantil da Uceira traballaron sobre os dereitos recollidos na Constitución. Elaboraron un mural sobre o dereito á educación de todos os nenos e nenas.



Celebramos o seu 40 aniversario coloreando unha tarta de cumpre. FELICIDADES.


mércores, 5 de decembro de 2018

SAÍDA AO CINE


Onte fixemos a nosa primeira saída do cole deste curso escolar ao cine de Leiro para ver "EL Grinch".
Para os nen@s da profe Conchi foi a primeira vez que saían do colexio, de aí os nervios e a ilusión de viaxar en autobús, saír da contorna do colexio, ir cos nen@s das aulas de catro e cinco anos e as súas profes.
Para moitos tamén era a primeira vez que ían ao cine. Foi unha gran experiencia e a película gustounos moito!!


venres, 30 de novembro de 2018

ANIVERSARIOS DE NOVEMBRO

Este mes están de aniversario:

En 3 anos: Sara, Iago e Nicolás.


En 4 anos: Iago, Ángela e Sthefanny. Tamén celebramos o de Alba Sáchez porque estivo enferma no mes anterior.


En 5 anos: Noa Bernárdez.

martes, 27 de novembro de 2018

25 DE NOVEMBRO, DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

No colexio celebramos o día internacional contra a violencia de xénero con varias actividades: vídeos, fichas...





luns, 26 de novembro de 2018

ÁRBORES DE OUTONO

Na aula de 3 anos os nen@s confeccionaron estas árbores de outono tan peculiares empregando algunas partes do seu corpo.
Que ben o pasaron!


mércores, 21 de novembro de 2018

DÍA UNIVERSAL DO NENO

Onte co gallo da celebración do Día Universal dos nenos e nenas, nas tres aulas cada un fixo un debuxo de si mesmo.
Estes foron algúns dos resultados...
PARABÉNS!


FROITOS DO OUTONO

Na aula de 3 anos os nen@s experimentaron diferentes sensacións cos froitos desta tempada (noces, castañas, abelás, uvas, granadas, figos, marmelos, ...).
A súas formas, texturas, cores, tamaños e, como non, SABORES!!
Algúns probaron de todo.
 


venres, 9 de novembro de 2018

O MAGOSTO

Hoxe, por mor do tempo, non puidemos celebrar o magosto no exterior do colexio, polo que tivemos que facer os xogos dentro no ximnasio e comer as castañas e os bolos preñados na aula. Pasámolo moi ben.



magosto 2018

Ao longo da semana tamén fixemos algúns traballiños na aula.

xoves, 8 de novembro de 2018

CARTEIS PARA O MAGOSTO

Para celebrar a festa do Magosto o Equipo de Actividades Complementarias e Extraescolares propuxo elaborar un pequeno mural por aula, coa temática da festa ou a do outono e co nome de cada equipo, e así estar identificados cando se fagan os xogos.
Así quedaron os nosos...



domingo, 4 de novembro de 2018

CABAZAS



> Moitas grazas ás familias por colaborar coa escola na elaboración destas cabazas con diferenetes tipos de materias. Nada de cabaciñas naturais...  Quedáronvos xeniais!!

sábado, 3 de novembro de 2018

PHOTOCALL

No colexio ademais de celebrar o Samaín tamén se festexou Halloween!.
O Equipo de Plurilingüismo elaborou para ese día un xigantesco e chulísimo photocall.
3 ANOS
4 ANOS
5 ANOS