venres, 9 de decembro de 2016

VAIANA

O mércores fomos a Leiro ao cine a ver "Vaiana".
Unha peli moi chuli. 
Pasámolo en grande.
Para os peques de 3 anos era a súa primeira saída do cole
e ían así de contentos.
De volta no cole, fixemos dibuxos.
Roque de 3 anos
Marcos de 4 anos
Zaira de 5 anos

mércores, 16 de novembro de 2016

CANTO APRENDEMOS

Hoxe, na aula de 3 aniños,
tocoulle a Martín ser encargado e...
Sorpresa!!!
Mirade que ben escribiu o seu nome el soliño.
.

 

martes, 15 de novembro de 2016

TRABALLIÑOS DE OUTONO

Como fixeran os nosos compis de 3 e 5 anos, na aula de 4 tamén fixemos a nosa arbore de outono.
 

venres, 11 de novembro de 2016

MAGOSTO 2016

Un ano máis celebramos o MAGOSTO no cole facendo actividades moi chulis.
Adornos con castañas
XOGOS NO PATIO
Come castaña, baile con castañas, castaña na pista, carreiras con castañas... Que ben o pasamos!!!



xogos magosto 16 - Kizoa Editar Videos - Movie Maker
E rematamos comendo castañas asadiñas

martes, 25 de outubro de 2016

DEBUXO O MEU CORPO

Traballando a unidade do corpo, os nen@s de 5 anos debuxaron o seu corpo e identificáronse coma nenos e nenas

 

venres, 30 de setembro de 2016

ANIVERSARIOS AGOSTO-SETEMBRO

3 ANOS:
HUGO-ISAAC
4 ANOS:
DIEGO-MANUEL-NEREA-TAMARA
NOÉ-KENIA-GABRIEL-NICOLLE
5 ANOS:
NICOLÁS-ANA-SARA-SAMUEL-MARIO




DE NOVO NO COLE

Iniciado este novo curso, os peques de 3 anos adaptáronse estupendamente ao cole
e disfrutaron, durante o período de adaptación,
de novas actividades e xogos.

venres, 17 de xuño de 2016

martes, 31 de maio de 2016

COÑECENDO A INDIA

Na aula de 3 anos estamos a coñecer un lonxano país chamado India.
Hoxe andivemos ás voltas coas vestimentas e aprendemos que as mozas levan un "sari" e os mozos un "turbante" na cabeza.
Cunha tea traida da India,
vestimos á profe Conchi.


luns, 30 de maio de 2016

APRENDEMOS POEMAS

Na clase de 5 traballan un montón...
Aprenderon o poema do Gato
do método de lectoescritura e...
Que ben o recitan!!!