mércores, 29 de maio de 2013

O NOSO COLE FOI SELECCIONADO COMO EXCELENTE NOS PROXECTOS DE INNOVACIÓN EN DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA.

Ao longo deste  curso escolar estivemos traballando cun proxecto de elaboración propia chamado OLLIÑOS LECTORES, un método de lectura feito en língua galega, basado no método DOMAN, e posto en práctica nas aulas de Educación Infantil do Calvo Sotelo e Uceira e tamén con alumn@s con dificultades para iniciarse na lectura. Reunida a Comisión de Selección o noso proxecto figura entre os cinco puntuados como excelentes:

1. Palabras de Pedra-Proxecto Mámoas. IES Marco Camballón de Vila de Cruces e IES Máximo Romero de Lema de Zas.
2. Fala Moaña-CEIP Quintela de Moaña.
3. Olliños Lectores-CEIP Calvo Sotelo de O Carballiño.
4. Dobraxe e subtitulado ao galego de curtas de distribución libre. IES Daviña Rey de Monforte.
5. O galego, dende o silencio-IES Arcebispo Xelmírez I de Santiago de Compostela.
Ademais da dotación económica para o centro, levarase a cabo a difusión da experiencia a través da rede e a publicación dos materiais educativos producidos.
Estamos encantadas da selección e tamén dos resultados que recollemos coa posta en práctica dos OLLIÑOS LECTORES. Trátase dunha selección de palabras+imáxenes que se traballan por semanas ao longo de todo o curso e que se lle presentan en tres momentos distintos da xornada escolar, e que cambian en función da idade dos nenos. Nestas imáxenes recóllense unha sesión práctica en cada unha das clases de Educación Infantil.


Ningún comentario:

Publicar un comentario