xoves, 21 de marzo de 2013

mércores, 20 de marzo de 2013

UNHA TARDE NA BIBLIOTECA

Os nenos e nenas de 4 e 5 anos estiveron na Biblioteca do cole:
Viron os libros, aprenderon a gardar silencio na sala de lectura "lendo" os contos dos Bolechas, escoitaron un conto...

Logo na clase traballaron o conto do GATO LAMBÓN
a través dun edilim.
Se pinchades na foto podedes traballar con el:

REMATA O 2º TRIMESTRE

Os nenos e nenas de 5 anos
fan un bonito mosaico a partires dunha obra de Picasso:
"Xerra, andea e cazola esmaltada"





XA É PRIMAVERA...

...e os peques de 3 anos aprenden a debuxar unha flor.


martes, 19 de marzo de 2013

VAI CHEGANDO A PRIMAVERA

Os nenos e nenas de 4 anos preparan fermosas flores
para despedir este longo inverno e recibir á primavera.






luns, 18 de marzo de 2013

A NOSA OBRA DE ARTE

"Natureza morta con peras e mazás"
Paul Cèzanne
Esta é a obra que os peques de 3 anos
interpretaron "pintando" con plastilina.

O proceso...
O resultado...






venres, 15 de marzo de 2013

mércores, 13 de marzo de 2013

XOGAMOS COAS REGRETAS

Quen dixo que os nen@s de infantil non saben sumar?
Esta mañá os da clase de 4 anos xogaron coas regretas para facer sumas.



Exposición fotos antigas

O Equipo de Actividades Complementarias e Extraescolares propuxo a realización dunha exposición de fotos antigas. Para facela cada nen@ podía traer da súa casa ata 2 fotos en branco e negro, canto máis vellas mellor. Desde aquí querémoslle dar as grazas a todas as familias pola súa colaboración. Entre todas as fotos recollidas ata o de agora hai unha especial: a foto da inaguración do primeiro edificio do noso centro durante a época da República. Cando rematen de colocalas veredes que hai auténticas reliquias doutros tempos.

martes, 12 de marzo de 2013

luns, 11 de marzo de 2013

MARILUZ AVESTRUZ

CANCIÓN

       REPRESENTACIÓN TEATRAL DO CONTO

INTERPRETACIÓN DO CONTO POR OS NEN@S DE 4 ANOS



venres, 8 de marzo de 2013

XOGOS POPULARES

Neste enlace atoparedes información da completa exposición de xogos populares
que temos no cole.

Coeducacion

Hoxe traballamos o Dia Internacional da Muller a traves dun lim
 




A PIRÁMIDE DOS ALIMENTOS

Os nenos e nenas de 4 anos descobren a importancia
dunha alimentación san e equilibrada elaborando unha pirámide alimentaria.

xoves, 7 de marzo de 2013

8 DE MARZO, DÍA INTERNACIONAL DA MULLER





Discriminación auditiva

Hoxe na clase dos máis pequenos, na sesión de Estimulación da Linguaxe, estivemos a traballar a discriminación auditiva empregando vídeos coma estes.
                           
Os nenos e nenas de 4 e 5 anos traballaron a discriminación visual a través deste xogo.



martes, 5 de marzo de 2013

Spaguetes

Na aula de 4 anos hoxe prepararon un dos pratos
 que máis lles gusta aos pequenos.
Que será?

luns, 4 de marzo de 2013

O BOMBEIRO F

Hoxe os maiores de 5 anos coñeceron unha nova personaxe de Letrilandia: o bombeiro f.

Pincha para escoitar o conto:

Canción "bombero f"

venres, 1 de marzo de 2013