martes, 30 de outubro de 2012

AS LETRAS NA PDI

Hoxe, coa profe Conchi, os nenos e nenas de 5 anos, reforzaron na pizarra dixital o traballado coa profe Gloria na aula.







TRABALLO EN EQUIPO

Cada peque de 3 anos pintou un círculo co pincel,
 xuntándoos todos...

luns, 29 de outubro de 2012

O SAMAÍN

"CORRE, CORRE, CABACIÑA"

 " LA BRUJITA TAPITA"


CAPERUCITA ROJA APRENDE A HABLAR

Nesta sesión de Estimulación da Linguaxe,
os nenos e nenas de 4 anos,
continuaron a traballar co programa
iniciado a semana anterior.
Mirade que ben o pasan!






E para rematar esta sesión, unha bonita canción:

xoves, 25 de outubro de 2012

Non, ti non, que nos podemos.

Non, ti non, que non sabes.

non, ti non, que es pequen@.

Por favor, papá e mamá ensinádeme a:
 
*Limparme so/soa o cuíño (non mo limpes ti).
*Lavarme e secarme as mans (non mas laves ti).
*Poñerme e quitarme a mochila (non ma poñas ti).
*Colgar a roupa na percha  (non ma colgues ti)
*Sacar a palliña do zume da súa funda (non ma saques ti).
*Sonarme os mocos e limparme cun pano (non mo fagas ti).
*Abrir e pechar un taperware (non mo fagas ti ).
*Subir e baixar a roupa so/soa para ir ao baño (non mo fagas ti).
*Abrir e pechar a botella da auga (non mo fagas ti).
*Abrir e pechar a mochila soa (non mo fagas ti).
*Dar as grazas e pedir as cousas por favor.
*Saudar e despedirme cando entro ou salgo dun lugar.
*Falar, non entendades todo.

Este é un fragmento dun artigo que non invita a reflexionar, especialmente no caso dos peques de 3 anos, aínda que somos tod@s moi dad@s a facer antes de ensinar. Pouco a pouco, na casa hai que facer o que se logra no cole, a ensinar non a facer, porque eles son capaces de facer todo, aínda que no principio necesitan da nosa axuda, pero axudar non é que o fagan os adultos.
Se queredes ver o artigo completo, podedes visitar os blogs AULA INFANTIL e tamén en LA CLASE DE MIREN.
Esperemos que vos guste.

O panadeiro P

Os nenos e nenas de 5 anos andan a voltas coas letras.
Esta semana tocou coñecer ao "panadeiro P"



Esta é a súa canción

CREBACABEZAS

Que lío de crebacabezas!
 


mércores, 24 de outubro de 2012

DÍA DA BIBLIOTECA

Nas aulas de Educación Infantil conmemoramos o día da BIBLIOTECA traballando a partires da narración dun conto.
 

Colaboramos coa BIBLIOTECA do centro elaborando "MARCAPÁXINAS"

Se queredes coñecer o blog da nosa biblioteca, aquí vos vai o ENLACE: