luns, 28 de febreiro de 2011

Chegou o Entroido

O venres fomos ver o noso Meco.


A primeira orde que nos deu foi  traer algo na cabeza. Hoxe todos os nen@s apareceron moi guapos.



venres, 25 de febreiro de 2011

Exipcios

Os nen@s de 5 anos viaxarán no tempo polo árido deserto para coñecer a cultura exipcia, as pirámides , os sarcófagos ,momias...

OS PIRATAS

Os nen@s de 4 anos surcarán os mares en busca de tesouros perdidos.

Indios

Os nen@s de 3 anos van facer unha viaxe  para visitar unha tribu india para  coñecer as súas casas típicas (os tipis), os seus costumes...

ENTROIDO

O luns comeza a celebración do entroido no cole da Uceira. Imos comezar por vestir o Meco para que o venres estea moi divertido
O luns traeremos algo na cabeza
O martes no pescozo
Mércores: cabeza, pescozo e algo no corpo
Xoves: cabeza, pescozo, corpo e algo nos pés
Venres.....  DISFRAZ LIBRE!

ANIVERSARIOS DE FEBREIRO

3 ANOS




4 ANOS


5 ANOS

mércores, 23 de febreiro de 2011

A familia dos instrumentos

Co profe de música os nen@s descubriron que os instrumentos tamén teñen a súa familia. Grazas ás novas tecnoloxías puideron ver a familia de instrumentos de cordas frotadas e os da familia do metal. Tamén escoitaron como soan estes instrumentos.

martes, 22 de febreiro de 2011

Visítanos "Águeda"

Hoxe visitounos no cole Águeda, a curmá de Uxía L., Adán e Nuria.
Aínda é moi pequena, ten só 22 días. Así puidemos observar o coidado que necesita un bebé.

 

venres, 18 de febreiro de 2011

RECORTAMOS

O emprego da tesoira sempre resulta divertido para os nen@s de 3 anos, por iso este ano toman un primeiro contacto coa mesma.





 

Espaguetes

Chegou a hora de comer, e aproveitando que estamos coa unidade dos alimenos ,  os nen@s de catro anos fixeron un prato con espaguetes, que por certo quedaronlle chulísimos.
 
   


 






Xogamos na escola

Tendo en conta que en infantil a aprendizaxe baséase no xogo, os nen@s de infantil pasaron unha xornada lúdica esta mañá.

Arte na escola

No colexio queremos despertar o interés dos nen@s polo arte. Nesta ocasión traballamos coa figura de Picasso, coñecemos a súa obra e pintamos unha.





venres, 11 de febreiro de 2011

A cor morada

Que traballo mais difícil o dos pintores! pero é moi divertido. Remexendo, remexendo...fixemos a cor morada.


O inverno

Neste día de frío os nen@s fixeron unha paisaxe de inverno empregando diversas técnicas.